DomingoenBICI: Paseo amodiño pola cidade para todo o mundo
Dende a Asociación Composcleta invitamos a tod@s a disfrutar da bicicleta en Compostela.
O primeiro domingo de cada mes realizaremos un paseo pola cidade aberto a todo o mundo de calquera idade. O próximo
Domingo 22 de novembro
Quedaremos ás 11:30 no parque da Alameda en Santiago
Neste DomingoenBICI realizaremos un percorrido polos barrios de San Pedro, Belvis e Fontiñas.
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.
As 13:00 Finalizaremos cun picnic compartido no parque de Bonaval onde:
– charlaremos sobre bicis e o que cadre
– compartiremos os aperitivos que cada un leve,
– e os rapaces xogarán tranquilamente
As 14:00 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.