DomingoenBICI: Dende a Asociación Composcleta invitamos a tod@s a disfrutar da bicicleta en Compostela
Paseo amodiño pola cidade para todo o mundo
O primeiro domingo de cada mes realizaremos un paseo pola cidade aberto a todo o mundo de calquera idade.
O próximo Domingo 2 de abril
Quedaremos ás 12:00 no parque da Alameda en Santiago
Neste DomingoenBICI iremos á parte mais alta da Compostela medieval, onde estaban os depósitos de auga: o parque da Almáciga.
O ritmo do percorrido permite o acompañamento a pe para os que non se animen a coller a bici.
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.
Percorreremos parte do Ensanche, Virxe da Cerca, Rúa de San Pedro, e a subida a faremos empuxando tranquilamente as nosas bicis e disfrutando do parque de Bonaval.
Chegaremos ás 13:00 ao parque da Almáciga onde:
– disfrutaremos das vistas sobre a cidade
– teremos música
– tomaremos os aperitivos que cada un leve,
– charlaremos sobre a bici na nosa cidade,
– os mais pequenos poderan xogar coas bicis e no parque
– orientaremos sobre reparacións e técnicas de pedaleo seguro para os que o precisen.
As 13:30 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.
Itinerario a seguir: https://goo.gl/maps/De9DNEEipXM2
Enbiciate con nós !