Dende a Asociación Composcleta queremos empezar este novo ano animando a tod@s a disfrutar da bicicleta en Compostela
Un domingo ao mes realizaremos un paseo pola cidade aberto a todo o mundo de calquera idade. Comezamos o próximo Domingo 5 de febrero. Quedaremos ás 12:00 no parque da Alameda en Santiago
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.
Chegaremos ás 13:00 ao parque do Auditorio onde:
– un grupo nos amenizará con música
– tomaremos os aperitivos que cada un leve,
– charlaremos sobre a bici na nosa cidade,
– realizaremos unha ximcana para diversión dos pequenos
– un obradoiro de pedaleo seguro para os adultos sen experiencia
– un obradoiro de reparacións para os que o precisen.
As 13:30 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.
Enbiciate con nós! composcleta@gmail.com
http://composcleta.blogspot.com.es
www.facebook.com/composcleta